
Esta semana estase a celebrar na Coruña o salón de emprego Laboralia 2018 [3], organizado polo consello social da Universidade da Coruña e coa sede de Afundación como centro de operacións. Este ano, incluíuse unha importante novidade que nos toca de preto: a inclusión dun programa especialmente centrado na relación entre as novas tecnoloxías dixitais e o emprego [4]. Esta edición de Laboralia, polo tanto, está a ser un evento especialmente acaido para toda persoa (empresarias/os, emprendedoras/es, profesionais, estudantes, tituladas/os) que queira facer sondaxes de por que vieiros tecnolóxicos vai discorrer o mercado de emprego.
O programa desta convocatoria inclúe obradoiros e unha xornada formativa na que se celebrarán conferencias e mesas redondas. Os relatores dos obradoiros son Yaiza Rubio, primeira muller hacker de España en participar en Def Con & Black Hat en Las Vegas; Álvaro Núñez, máster en Seguridade Informática e membro de Telefónica Dixital España e de Hackers Club Academy; Ángel Hernández, experto en Intelixencia Artificial e desenvolvemento e adestramento de chatbots; Félix Brezo, analista de intelixencia en Eleven Paths; Pablo González, hacker e responsable de negocio tecnolóxico en Telefónica Digital España e Ignacio Villoch, construtor de ecosistemas de innovación aberta en BBVA.
A xornada formativa, prevista para o día 13 de abril, contará coa presenza de relatores relacionados co ámbito universitario e con Juan Antonio Rosell, director de Talento e Transformación de Everis.
Ligazóns:
[1] https://voluntariadodixital.xunta.gal/sites/default/files/images/novas/img_nova_8512.jpeg
[2] https://voluntariadodixital.xunta.gal/javascript:history.back()
[3] http://laboraliaudc.com/
[4] http://corunadixital.gal/laboralia-dedica-a-sua-nova-edicion-a-relacion-das-novas-tecnoloxias-e-o-emprego/