Xunta de Galicia Voluntariado Dixital

Inicio > A Rede > Novas

Un grupo de 100 persoas maiores coñecen as vantaxes da internet móbil grazas ao programa de voluntariado dixital da Xunta

  • Voluntarios da empresa Everis, mecenas dixital do programa, imparten hoxe un seminario dirixido a usuarios das aulas da Asociación Cultural Galega de Formación Permanente de Adultos, ATEGAL
  • Os participantes coñecerán da man de profesionais do sector tecnolóxico os dispositivos móbiles, aplicacións do seu interese e as posibilidades que ofrecen canles como Facebook e twitter, así como chats e videochamadas
  • O Programa Voluntariado Dixital anima aos empresas adheridas ao Programa como mecenas dixitais a fomentar programas de voluntariado corporativo entre os seus empregados
Versión para impresiónSend by email
Santiago de Compostela, 13/12/12 (18:00)

Santiago, 13 de decembro de 2012 .- O Programa de Voluntariado Dixital da Xunta celebra hoxe o seminario “Internet móbil para persoas maiores”. Na xornada, que será impartida por profesionais da empresa tecnolóxica Everis, mecenas dixital do programa, participan 100 persoas maiores usuarias da Aulas da terceira idade da Asociación Cultural Galega de Formación Permanente de Adultos, ATEGAL, organismo colaborador da iniciativa.

O obxectivo desta xornada formativa é favorecer a inclusión dixital de persoas maiores, intentando facilitarlles o acceso as aplicacións de internet a través de dispositivos móbiles. Con este obxectivo a xornada centrarase en amosar os tipos de dispositivos, tablets e móbiles, así como aplicacións xenéricas e específicas de interese para persoas maiores. Os participantes coñecerán da man de profesionais do sector tecnolóxico as posibilidades que ofrecen canles como Facebook e Twitter, así como chats e videochamadas.

Everis e Ategal: mecenas dixital e entidade colaboradora
Everis é unha consultora multinacional que ofrece servizos de consultaría de negocio e estratexia, desenvolvemento e mantemento de sistemas e aplicacións tecnolóxicas e outsourcing de procesos. Na actualidade Everis posúe 21 oficinas en 12 países de Europa, Estados Unidos e Latinoamérica e conta con máis de 10.000 profesionais. EVERIS quere materializar o seu compromiso coa responsabilidade social na súa oficina en Galicia, a través dun Club de Voluntariado Corporativo, o CLUB EVERMAIS https://twitter.com/evermais, un club participativo no que se pretende actuar como facilitador da labor social de voluntariado aos seus empregados.

A Asociación Cultural Galega de Formación Permanente de Adultos, ATEGAL, é unha entidade sen ánimo de lucro, colaboradora da Xunta de Galicia, na que están integradas as Aulas da Terceira Idade de Galicia con delegacións en nove cidades: Santiago, A Coruña, Padrón, Ferrol, Vigo, Ourense, Lugo, Vilalba y Monterroso. Para ATEGAL, a introdución de internet e as novas tecnoloxías na vida diaria das persoas maiores, é un dos obxectivos fundamentais, por iso promoven programas formativos neste senso.

Mecenas dixitais e voluntariado corporativo
A colaboración de Everis dentro do Programa de Voluntariado dixital, enmárcase na liña de voluntariado corporativo co que se busca aproveitar e canalizar o potencial e o talento dos profesionais de empresas TIC galegas, para realizar actividades de difusión en TIC entre persoas maiores e persoas con discapacidade. As principais funcións deste voluntariado son humanizar a relación dos participantes coas TIC e achegarlles as vantaxes que a tecnoloxía lles pode reportar na súa vida cotiá.

Neste senso, empresas adheridas ao Programa en calidade de mecenas dixitais como Balidea, Ednon, Everis e Igalia participaron e participan dentro dos seus convenios de mecenado co programa Voluntariado Dixital, na promoción de programas de voluntariado corporativo entre os seus empregados. Programa que supón a prestación de tempo dos seus empregados para a realización de apoios dixitais.

Ademais do voluntariado corporativo as empresas que participan como mecenas dixitais poden colaborar noutras cinco liñas de actuación: a través da formación de consumidores/usuarios, coa doazón de bens capitais, mediante a cesión de uso de espazos TIC, apoiando a comunicación ou financiando eventos.

Tema: Xeral
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Atención á cidadanía | Accesibilidade | Aviso Legal | Mapa do portal