O Centro Cívico Monelos da Coruña, en colaboración con ACLAD (Asociación Cidadá de Loita Contra a Droga), vai organizar os vindeiros días unha actividade divulgativa para mozas e mozos de entre 11 e 13 anos que busca capacitalas/os para inculcar usos racionais e seguros das novas tecnoloxías da información. O Taller de prevención e abordaxe de adicións dixitais desenvolverase os días 23 e 25 de abril ás 16.30 horas, no devandito local social. A actividade, que é de balde, xorde como resposta aos crecentes datos que alertan sobre o emprego non axeitado das novas ferramentas e as súas consecuencias.
Farase, polo tanto, especial fincapé nos colectivos máis vulnerables (os menores) e nos principais problemas derivados do mal uso das TIC (acceso a contidos inadecuados, cesión de datos persoais, suplantación de identidade, ciberacoso, ciberchantaxes, etc). Dende ACLAD e o CCM sinalan que “é preciso establecer estratexias tanto de tipo preventivo como asistencial que aborden as devanditas consecuencias”. O taller tamén tocará temas como o uso-abuso-dependencia de TIC, a privacidade, a identidade dixital e a reputación en liña, o ciberacoso escolar, as prácticas do sexting e o grooming, a xestión da información e o acceso a contidos apropiados.
Rexístrate como: