A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cecilia Vázquez, entregou onte os certificados de experiencias voluntarias a mozos e mozas que efectuaron diversas actuacións nos concellos de Ourense e Monterrei a través das subvencións para entidades de acción voluntaria e entidades locais, dentro do programa de Servizo de Voluntariado Xuvenil 2017.
Os 20 voluntarios realizaron un proxecto de actividades de prospección, sistematización e procesado de información relativa aos contidos culturais, artísticos e tradicionais detectables en Monterrei e Cualedro coa fin de evidencialos, fixarlos e dignificalos dentro do contexto contemporáneo e das novas tecnoloxías para devolvelos á sociedade local, ademáis de proxectalos como parte do acervo cultural común do continente europeo. Estímase que 300 persoas resultaron beneficiarias destas accións.
Accede aquí á noticia completa
Rexístrate como: