
A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cecilia Vázquez, entregou onte os certificados de experiencias voluntarias a mozos e mozas que efectuaron diversas actuacións nos concellos de Ourense e Monterrei a través das subvencións para entidades de acción voluntaria e entidades locais, dentro do programa de Servizo de Voluntariado Xuvenil 2017.
Os 20 voluntarios realizaron un proxecto de actividades de prospección, sistematización e procesado de información relativa aos contidos culturais, artísticos e tradicionais detectables en Monterrei e Cualedro coa fin de evidencialos, fixarlos e dignificalos dentro do contexto contemporáneo e das novas tecnoloxías para devolvelos á sociedade [3] local, ademáis de proxectalos como parte do acervo cultural común do continente europeo. Estímase que 300 persoas resultaron beneficiarias destas accións.
Accede aquí [4]á noticia completa
Ligazóns:
[1] https://voluntariadodixital.xunta.gal/sites/default/files/images/novas/180319_xunta_entrega.jpg
[2] https://voluntariadodixital.xunta.gal/javascript:history.back()
[3] http://www.farodevigo.es/sociedad/
[4] http://www.farodevigo.es/portada-ourense/2018/03/17/xunta-entrega-certificados-20-voluntarios/1856029.html