Xunta de Galicia Voluntariado Dixital

Inicio > A Rede > Novas
Cristina, moza con síndrome de down.

Dispoñibles catro novos vídeos formativos que ensinan ás persoas con síndrome de Down a usar as novas tecnoloxías

Versión para impresiónSend by email
Santiago de Compostela, 08/03/18 (10:59)
  • Forman parte do proxecto "Yo me prep@ro", que ten por obxectivo mellorar a formación e a inserción laboral das persoas con síndrome de Down utilizando as novas tecnoloxías

 

DOWN ESPAÑA e a Fundación Vodafone España editaron 4 novos vídeos formativos dirixidos a persoas con síndrome de Down que teñen por obxecto ensinarlles a utilizar e manexar o DNI e o pasaporte electrónico, descarga de aplicacións no móbil e a utilizar Whatsapp. Estes coñecementos serán moi útiles para os alumnos do programa de formación prelaboral "Yo me prep@ro" xa que lles permitirá ter unha maior autonomía e independencia.

Estes vídeos están enmarcados dentro do proxecto "Yo me prep@ro", desenvolvido en colaboración entre DOWN ESPAÑA e Fundación Vodafone España, e cuxo obxectivo é ofrecer formación no uso das Tics aos mozos con síndrome de Down, coa intención de mellorar a inclusión laboral deste colectivo en empresas ordinarias, onde o uso destas tecnoloxías é imprescindible.

Están presentados por unha moza con esta discapacidade intelectual que ensina, a través de tutoriais explicados de forma sinxela, accesible e cunha linguaxe moi clara, os pasos e instrucións para descargar unha aplicación no Smartphone, utilizar Whatsapp ou utilizar o DNI e o pasaporte electrónico.

Estes catro novos vídeo-tutoriales súmanse aos 17 que ámbalas entidades editou nos últimos catro anos e que están dispoñibles na canle de Youtube de DOWN ESPAÑA:

  1. Aprende o funcionamento básico dun computador
  2. Hábitos saudables que debes coñecer cando usas un computador
  3. Aprende o funcionamento básico dunha Tablet
  4. Como buscar información en Google
  5. Como crear unha conta de correo electrónico
  6. Aprende a facer presentacións co programa Power Point
  7. Aprende a realizar chamadas co teléfono móbil
  8. Aprende a usar o caixeiro automático
  9. Consellos para acudir a unha entrevista de traballo
  10. Exemplo práctico de como facer unha boa entrevista de traballo
  11. Como utilizar Internet Explorer
  12. Aprende a utilizar Skype
  13. Que é unha páxina web
  14. Que é o correo electrónico
  15. Aprende como enviar un correo electrónico
  16. Aprende a utilizar as redes sociais
    1. Youtube
    2. Facebook e LinkedIn
  17. Aprende a facer un uso adecuado de internet
  18. Que é o DNI 3.0
  19. Aprende a utilizar o pasaporte electrónico
  20. Como descargar aplicacións desde o teu móbil
  21. Descobre como utilizar Whatsapp desde o teu móbil
Tema: Xeral
Fonte: Fundación Vodafone España
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Atención á cidadanía | Accesibilidade | Aviso Legal | Mapa do portal