
DOWN ESPAÑA e a Fundación Vodafone España [3] editaron 4 novos vídeos formativos dirixidos a persoas con síndrome de Down que teñen por obxecto ensinarlles a utilizar e manexar o DNI e o pasaporte electrónico, descarga de aplicacións no móbil e a utilizar Whatsapp. Estes coñecementos serán moi útiles para os alumnos do programa de formación prelaboral "Yo me prep@ro" [4] xa que lles permitirá ter unha maior autonomía e independencia.
Estes vídeos están enmarcados dentro do proxecto "Yo me prep@ro", desenvolvido en colaboración entre DOWN ESPAÑA e Fundación Vodafone España, e cuxo obxectivo é ofrecer formación no uso das Tics aos mozos con síndrome de Down, coa intención de mellorar a inclusión laboral deste colectivo en empresas ordinarias, onde o uso destas tecnoloxías é imprescindible.
Están presentados por unha moza con esta discapacidade intelectual que ensina, a través de tutoriais explicados de forma sinxela, accesible e cunha linguaxe moi clara, os pasos e instrucións para descargar unha aplicación no Smartphone, utilizar Whatsapp ou utilizar o DNI e o pasaporte electrónico.
Estes catro novos vídeo-tutoriales súmanse aos 17 que ámbalas entidades editou nos últimos catro anos e que están dispoñibles na canle de Youtube [5] de DOWN ESPAÑA:
Ligazóns:
[1] https://voluntariadodixital.xunta.gal/sites/default/files/images/novas/img_nova_8348.jpeg
[2] https://voluntariadodixital.xunta.gal/javascript:history.back()
[3] http://www.fundacionvodafone.es/
[4] http://www.sindromedown.net/noticia/arranca-una-nueva-edicion-de-yo-me-prepro-el-programa-de-formacion-en-tics-para-personas-con-sindrome-de-down-de-mayor-alcance-del-pais/
[5] https://www.youtube.com/playlist?list=PLtNX3F-LGSoWSfPcfsJSLxyH--u6798bo