Xunta de Galicia Voluntariado Dixital

Inicio > A Rede > Novas
Logo de Soziable.

Soziable, o novo portal dedicado á sustentabilidade e á transformación social

Versión para impresiónSend by email
Santiago de Compostela, 02/03/18 (11:57)
  • O seu lema "Cambiar é humano" e as súas páxinas cheas de información e contidos de calidade froito do diálogo e a reflexión sobre noticias de actualidade.

 

portal Soziable lanzouse hai uns meses co obxectivo de converterse nun lugar de encontro e de diálogo sobre temas sociais e de actualidade. ILUNION Comunicación Social está detrás deste proxecto que con novas narrativas quere ser referente en sustentabilidade e responsabilidade social, e ser parte activa no cambio social.

No seu equipo conta con profesionais como Chema Doménech, como Responsable de contidos, Patricia García, á fronte da Estratexia Dixital, ou Pilar Márquez, en labores de comunicación e coordinación, entre outros.

A súa temática vai desde a Economía Social, a informacións sobre Saúde e Benestar, Dereitos Humanos ou Negocio Sustentable, entre moitos outros.

Así mesmo, atópanse presentes nas principais redes sociais onde intercambian experiencias e contidos co seu público e grupos de interese.

Se queres estar ao día dos seus contidos e coñecer as últimas tendencias en RSC, dereitos e xustiza social, podes visitar a súa web, seguilos en redes (FacebookTwitterLinkedin ou Instagram) ou darte de alta no seu newsletter.

Cambiar é humano, únete ao cambio.

Tema: Xeral
Fonte: discapnet
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Atención á cidadanía | Accesibilidade | Aviso Legal | Mapa do portal