
O portal Soziable [3] lanzouse hai uns meses co obxectivo de converterse nun lugar de encontro e de diálogo sobre temas sociais e de actualidade. ILUNION Comunicación Social está detrás deste proxecto que con novas narrativas quere ser referente en sustentabilidade e responsabilidade social, e ser parte activa no cambio social.
No seu equipo conta con profesionais como Chema Doménech, como Responsable de contidos, Patricia García, á fronte da Estratexia Dixital, ou Pilar Márquez, en labores de comunicación e coordinación, entre outros.
A súa temática vai desde a Economía Social, a informacións sobre Saúde e Benestar, Dereitos Humanos ou Negocio Sustentable, entre moitos outros.
Así mesmo, atópanse presentes nas principais redes sociais onde intercambian experiencias e contidos co seu público e grupos de interese.
Se queres estar ao día dos seus contidos e coñecer as últimas tendencias en RSC, dereitos e xustiza social, podes visitar a súa web [3], seguilos en redes (Facebook [4], Twitter [5], Linkedin [6]ou Instagram [7]) ou darte de alta no seu newsletter [8].
Cambiar é humano, únete ao cambio.
Ligazóns:
[1] https://voluntariadodixital.xunta.gal/sites/default/files/images/novas/img_nova_8322.png
[2] https://voluntariadodixital.xunta.gal/javascript:history.back()
[3] http://www.soziable.es/
[4] http://www.soziable.es/sites/all/themes/Servimediarsc/img/logo-facebook-h.png
[5] https://twitter.com/soziableES
[6] https://www.linkedin.com/company-beta/11297298/admin/overview/
[7] http://instagram.com/soziable.es
[8] http://www.soziable.es/newsletter-responsabilidad-social-corporativa