Xunta de Galicia Voluntariado Dixital

Inicio > A Rede > Novas
Maps Voice.

Unha aplicación para facilitar a accesibilidade interpreta os planos a través da voz

Versión para impresiónSend by email
Santiago de Compostela, 28/02/18 (11:48)

Interpretar un plano pode resultar, en ocasións, unha tarefa complicada, especialmente para persoas con problemas de visión e invidentes. Un obstáculo que pode ser superado a través do teléfono intelixente e a aplicación móbil Maps Voice, creada para mellorar a accesibilidade a través da interpretación por voz dos planos.

Este servizo foi desenvolvido por Puntodis, dedicada a accesibilidade na comunicación, e os concellos de Benidorm e Getxo, así como Fitur, xa incorporaron a aplicación para ofrecer información turística dunha forma accesible á cidadanía. A aplicación, que funciona tamén para web, rompe tamén a barreira do idioma, xa que ofrece no seu menú ata 12 linguas.

 

Escaneo mediante código QR

Maps Voice fai posible que persoas invidentes, con discapacidade cognitiva ou persoas maiores, entre outras, poidan acceder á información que necesitan para moverse nunha cidade ou nun espazo que non coñece. “Facilítase a información adecuada ás características particulares de cada un posibilitando recibir a información como mellor conveña; ben lendo os textos ou ben escoitando unha locución no seu idioma”, sinala Jon Ibarra, xerente de Puntodis.

A dinámica de manexo da aplicación é moi sinxela; a través do escaneo do código QR inserido no plano, permítese ampliar a información do mesmo, dando a opción de lelo ou escoitalo. “O acceso á información é un dereito, hai que dar a posibilidade á persoa de recibir a información adecuadamente para que poida tomar decisións autónomamente“, apunta Jon.

Ademais de administracións locais que xa o utilizan para garantir a accesibilidade nas súas contornas, tamén as compañías poden utilizar o servizo, para ofrecer información dos seus planos de empresa e, a nivel xeral, para “transmitir unha información calquera a un colectivo de forma adecuada”, engade Jon.

Tema: Xeral
Fonte: esmartcity.es
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Atención á cidadanía | Accesibilidade | Aviso Legal | Mapa do portal