A Fundación Orange convoca anualmente o Premio Muller e Tecnoloxía, un galardón que distingue e premia anualmente a mulleres que destacan polo seu labor nos ámbitos da tecnoloxía e a innovación social, e cuxos resultados constitúen un referente no desenvolvemento e a transformación da sociedade, mellorando a calidade de vida das persoas.
Ata o 21 de xaneiro de 2018 atópase aberta a convocatoria da Terceira edición deste premio, no que poden participar mulleres españolas maiores de 18 anos.
Consulta as bases da convocatoria
O galardón está dotado con 4.000 euros brutos e diploma acreditativo, e será destinado ao proxecto para o que traballe a candidata galardoada.
A entega do premio terá lugar en marzo de 2018 no marco dos ‘VIII Encontros Mulleres que transforman o mundo' de Segovia, que organiza o Concello da devandita cidade.
En 2017 foi premiada Núria Salán, polo seu exemplo como muller envorcada ao servizo da sociedade, o seu traballo como docente, investigadora en materiais e en innovación docente e en metodoloxías de aprendizaxe, así como na captación de talento feminino e no empoderamiento de novas xeracións de mulleres tecnólogas en todos os ámbitos (enxeñería, arquitectura, informática, telecomunicacións, etc.).
En 2016 a galardoada foi Begoña García-Zapirain pola súa aposta polas novas tecnoloxías para contribuír a mellorar a calidade de vida das persoas ao contribuír a mellorar os tratamentos e monitoraxe, tanto en enfermidades como en problemas asociados á discapacidade.
Rexístrate como: