
A Fundación Orange convoca anualmente o Premio Muller e Tecnoloxía, un galardón que distingue e premia anualmente a mulleres que destacan polo seu labor nos ámbitos da tecnoloxía e a innovación social, e cuxos resultados constitúen un referente no desenvolvemento e a transformación da sociedade, mellorando a calidade de vida das persoas.
Ata o 21 de xaneiro de 2018 atópase aberta a convocatoria da Terceira edición deste premio, no que poden participar mulleres españolas maiores de 18 anos.
Consulta as bases da convocatoria [3]
O galardón está dotado con 4.000 euros brutos e diploma acreditativo, e será destinado ao proxecto para o que traballe a candidata galardoada.
A entega do premio terá lugar en marzo de 2018 no marco dos ‘VIII Encontros Mulleres que transforman o mundo [4]' de Segovia, que organiza o Concello da devandita cidade.
En 2017 foi premiada Núria Salán [5], polo seu exemplo como muller envorcada ao servizo da sociedade, o seu traballo como docente, investigadora en materiais e en innovación docente e en metodoloxías de aprendizaxe, así como na captación de talento feminino e no empoderamiento de novas xeracións de mulleres tecnólogas en todos os ámbitos (enxeñería, arquitectura, informática, telecomunicacións, etc.).
En 2016 a galardoada foi Begoña García-Zapirain [6] pola súa aposta polas novas tecnoloxías para contribuír a mellorar a calidade de vida das persoas ao contribuír a mellorar os tratamentos e monitoraxe, tanto en enfermidades como en problemas asociados á discapacidade.
Ligazóns:
[1] https://voluntariadodixital.xunta.gal/sites/default/files/images/novas/img_nova_7838.png
[2] https://voluntariadodixital.xunta.gal/javascript:history.back()
[3] http://www.proyectosfundacionorange.es/mujerytecnologia2018/
[4] http://mujeressegovia.com/
[5] http://www.fundacionorange.es/ii-premio-mujer-y-tecnologia/
[6] http://www.fundacionorange.es/primer-premio-mujer-tecnologia/