A Federación Galega de Asociacións de Universidades Senior (Fegaus), a Fundación Vodafone e Ágora Tecnoloxía, co apoio de CeMIT, Canal Senior e a Xunta de Galicia, organizan un curso emitido en directo por Internet, gratuíto, para persoas maiores que queiran mellorar a súa saúde utilizando a tecnoloxía. Será o venres 27 de outubro entre as 11.00 horas e as 12.30 horas.
Como explican os seus responsables, "existen moitas aplicacións para os nosos teléfonos móbiles, tabletas e os novos reloxos intelixentes que poden axudarnos no coidado da nosa saúde".
Precisamente neste curso poden coñecerse, de forma práctica e útil, diversas aplicacións gratuítas relacionadas coa saúde e que farán a vida máis fácil, cómoda e saudable.
Contidos do curso
Para realizar o curso só hai que inscribirse nesta ligazón.
Rexístrate como: