Xunta de Galicia Voluntariado Dixital

Inicio > A Rede > Novas
Persoa cega pola rúa.

A Unión Europea apoia un estándar de código aberto que axudará aos cegos para moverse polas cidades

Versión para impresiónSend by email
Santiago de Compostela, 04/10/17 (11:10)

Wayfindr é moito máis que unha aplicación. Grazas a este proxecto, fundado en 2014 por membros da 'Royal London Society for Blind People', persoas cegas de todo o mundo poderán moverse polas súas cidades coa axuda do seu smartphone.

Esta iniciativa corre a cargo de Ustwo, un grupo de desenvolvedores de Londres. Google.org, a rama filantrópica da compañía, doou un millón de dólares para apoiar a esta proposta tan necesaria.

O verdadeiramente interesante de Wayfindr é que non optaron pola "clásica app" para moverse polo metro de Londres (algo que xa sería de moita utilidade), xa que quixeron ser máis ambiciosos e crearon un estándar de código aberto que poderá ser utilizado por outros desenvolvedores en calquera lugar do mundo.

 

Wayfindr Beacon

Wayfindr soña con que as cidades estean repletas de beacons , uns pequenos dispositivos que emiten un sinal Bluetooth, unha medida que axudará a que as persoas invidentes saiban onde están e como chegar a outros lugares.

Isto significa que poderán recibir indicacións en todo tipo de situacións: cando baixarse dun autobús público, como chegar ao baño dun restaurante, como atopar unha determinada tenda dentro dun centro comercial, etc.

O punto positivo é que a Unión Internacional de Telecomunicacións (ITU) aprobou este estándar de código aberto, significando que este proxecto terá moito máis impulso e visibilidade do que tivo ata agora.

Está previsto que proben este sistema nun centro comercial de Barcelona en novembro.

Actualmente, esta iniciativa continúa facendo probas en Londres, Sidney e outras cidades de todo o planeta. Seguiralle Oslo e no mes de novembro está previsto que fagan un ensaio nun centro comercial de Barcelona .

Cando terminen as probas está previsto abrilo para que poida utilizalo calquera persoa. Tamén se atopan no medio de negociacións para levar estes tests ao territorio estadounidense.

 

Ligazón a un vídeo en Youtube relacionado con este proxecto.

Acceso á noticia na web: www.genbeta.com.

Tema: Xeral
Fonte: discapnet
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Atención á cidadanía | Accesibilidade | Aviso Legal | Mapa do portal