
Wayfindr é moito máis que unha aplicación. Grazas a este proxecto, fundado en 2014 por membros da 'Royal London Society for Blind People', persoas cegas de todo o mundo poderán moverse polas súas cidades coa axuda do seu smartphone.
Esta iniciativa corre a cargo de Ustwo, un grupo de desenvolvedores de Londres. Google.org, a rama filantrópica da compañía, doou un millón de dólares para apoiar a esta proposta tan necesaria.
O verdadeiramente interesante de Wayfindr é que non optaron pola "clásica app" para moverse polo metro de Londres (algo que xa sería de moita utilidade), xa que quixeron ser máis ambiciosos e crearon un estándar de código aberto que poderá ser utilizado por outros desenvolvedores en calquera lugar do mundo.
Wayfindr Beacon
Wayfindr soña con que as cidades estean repletas de beacons , uns pequenos dispositivos que emiten un sinal Bluetooth, unha medida que axudará a que as persoas invidentes saiban onde están e como chegar a outros lugares.
Isto significa que poderán recibir indicacións en todo tipo de situacións: cando baixarse dun autobús público, como chegar ao baño dun restaurante, como atopar unha determinada tenda dentro dun centro comercial, etc.
O punto positivo é que a Unión Internacional de Telecomunicacións (ITU) aprobou este estándar de código aberto, significando que este proxecto terá moito máis impulso e visibilidade do que tivo ata agora.
Está previsto que proben este sistema nun centro comercial de Barcelona en novembro.
Actualmente, esta iniciativa continúa facendo probas en Londres, Sidney e outras cidades de todo o planeta. Seguiralle Oslo e no mes de novembro está previsto que fagan un ensaio nun centro comercial de Barcelona .
Cando terminen as probas está previsto abrilo para que poida utilizalo calquera persoa. Tamén se atopan no medio de negociacións para levar estes tests ao territorio estadounidense.
Ligazón a un vídeo en Youtube [3] relacionado con este proxecto.
Acceso á noticia na web: www.genbeta.com. [4]
Ligazóns:
[1] https://voluntariadodixital.xunta.gal/sites/default/files/images/novas/img_nova_7533.jpeg
[2] https://voluntariadodixital.xunta.gal/javascript:history.back()
[3] https://www.youtube.com/watch%3fv%3dJeSe2nyI56M%26amp%3bfeature%3dyoutu.be
[4] https://www.genbeta.com/actualidad/la-union-europea-apoya-un-estandar-de-codigo-abierto-que-ayudara-a-los-ciegos-a-moverse-por-las-ciudades