Xunta de Galicia Voluntariado Dixital

Inicio > A Rede > Novas
Samsung e a Fundación ONCE.

Galaxy S8 y S8+ teléfonos accesibles para a Fundación ONCE

Versión para impresiónSend by email
Santiago de Compostela, 31/08/17 (14:50)
  • Ambos ofrecen unha experiencia móbil adaptada para persoas con discapacidade visual, audición nula, dificultades moderadas e severas para a manipulación e dificultade de comprensión

 

Os recien estreados Samsung Galaxy S8 e S8+, último lanzamento da compañía no segmento premium, foron recoñecidos como móbiles accesibles polo portal Amóvil, unha iniciativa da Fundación ONCE que axuda ás persoas con discapacidade a identificar os dispositivos móbiles que mellor se adapten ás súas necesidades especiais.

Ambos ofrecen unha experiencia móbil adaptada para persoas con discapacidade visual, audición nula, dificultades moderadas e severas para a manipulación e dificultade de comprensión.

Co obxectivo de fomentar a autonomía dos usuarios con discapacidade, permiten unha sinxela configuración do dispositivo -sen ter que recorrer á axuda doutra persoa- grazas ao intuitivo menú de axustes de Accesibilidade, dividido nas categorías de visión, audición e destreza e interacción.

As persoas cegas ou con dificultades de visión dispoñen de funcionalidades como o lector de pantalla Voice Assistant e a tecnoloxía NFC, que permite crear etiquetas sobre obxectos próximos que rodeen ao usuario.

Para persoas con discapacidade auditiva, destacan os avisos e notificacións luminosas, así como o detector de son para alertar ao usuario cando se produzan determinados sons rexistrados como o pranto dun bebé.

Acceso á noticia na web de PCWorld.

Tema: Xeral
Fonte: discapnet
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Atención á cidadanía | Accesibilidade | Aviso Legal | Mapa do portal