
Os recien estreados Samsung Galaxy S8 e S8+, último lanzamento da compañía no segmento premium, foron recoñecidos como móbiles accesibles polo portal Amóvil, unha iniciativa da Fundación ONCE que axuda ás persoas con discapacidade a identificar os dispositivos móbiles que mellor se adapten ás súas necesidades especiais.
Ambos ofrecen unha experiencia móbil adaptada para persoas con discapacidade visual, audición nula, dificultades moderadas e severas para a manipulación e dificultade de comprensión.
Co obxectivo de fomentar a autonomía dos usuarios con discapacidade, permiten unha sinxela configuración do dispositivo -sen ter que recorrer á axuda doutra persoa- grazas ao intuitivo menú de axustes de “Accesibilidade”, dividido nas categorías de visión, audición e destreza e interacción.
As persoas cegas ou con dificultades de visión dispoñen de funcionalidades como o lector de pantalla Voice Assistant e a tecnoloxía NFC, que permite crear etiquetas sobre obxectos próximos que rodeen ao usuario.
Para persoas con discapacidade auditiva, destacan os avisos e notificacións luminosas, así como o detector de son para alertar ao usuario cando se produzan determinados sons rexistrados como o pranto dun bebé.
Acceso á noticia na web de PCWorld [3].
Ligazóns:
[1] https://voluntariadodixital.xunta.gal/sites/default/files/images/novas/img_nova_7360.png
[2] https://voluntariadodixital.xunta.gal/javascript:history.back()
[3] http://www.pcworld.es/actualidad/galaxy-s8-y-s8-telefonos-accesibles-para-la-fundacion-once