Xunta de Galicia Voluntariado Dixital

Inicio > A Rede > Novas

O próximo xoves 19 de abril celebrarase o Módulo II "Voluntariado e Habilidades Sociais" do Programa de Formación "Voluntariado e TIC"

Vai comezar no marco do Programa de capacitación e formación 2012 "Voluntariado e TIC", o II Módulo "Voluntariado e Habilidades Sociais".
 

Versión para impresiónSend by email
Escola Galega de Administración Pública (EGAP) Santiago de Compostela, 13/04/12 (14:01)

O Programa Voluntariado Dixital, que acaba de poñer en marcha a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia-Amtega en colaboración coa Consellería de Traballo e Benestar, vai comezar no marco do Programa de capacitación e formación 2012 "Voluntariado e TIC", o II Módulo "Voluntariado e Habilidades Sociais".Este módulo, ó igual que o anterior, vai dirixido ós voluntari@s e persoal técnico das entidades de acción voluntaria inscritos no programa ó longo destes meses.

A metodoloxía do Módulo II desenvolverase baixo a fórmula mixta, e consistirá en catro horas presenciais e catro horas on-line de traballo individual para a recensión de lecturas recomendadas na acción formativa presencial.

A parte presencial celebrarase o próximo xoves 19 de abril na Escola Galega de Administración Pública (EGAP) en Santiago de Compostela, en horario de mañá de 10:00 a 14:00.

Para solicitar a inscrición nesta xornada, podedes facelo a través deste correo voluntariadodixital@xunta.es aportando os seguintes datos:

No caso de que sexas unha persoa voluntaria: Nome e apelidos e DNI

No caso de que sexas entidade de acción voluntaria: Nome da entidade; nome e apelidos xunto co email de contacto e DNI das persoas que van asistir por parte da EAV.

Tema: Xeral
Fonte: Propia
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Atención á cidadanía | Accesibilidade | Aviso Legal | Mapa do portal