Xunta de Galicia Voluntariado Dixital

Inicio > A Rede > Novas
A Viaxe de Elisa.

A Fundación Orange e Autismo Burgos presentan ‘A viaxe de Elisa', un videoxogo para concienciar sobre o autismo aos alumnos da ESO

Versión para impresiónSend by email
Santiago de Compostela, 03/02/17 (13:06)
  • O xogo vén acompañado de material didáctico que serve de apoio aos docentes que queiran realizar actividades en clase

A Fundación Orange e Autismo Burgos presentaron A Viaxe de Elisa, un videoxogo que axuda a comprender mellor as características e necesidades das persoas con autismo, en especial con Síndrome de Asperger. A viaxe de Elisa está dispoñible gratuitamente na web e nunha aplicación para dispositivos Android e iOS.

Dirixido a alumnos da ESO, o xogo vén acompañado de material didáctico que servirá de apoio aos docentes que queiran realizar actividades en clase, ademais de información xeral para entender mellor a Síndrome de Asperger.

A través da historia de Elisa, os xogadores terán que superar diferentes probas para completar o xogo e grazas a estes desafíos irán adquirindo coñecementos sobre as persoas con TEA (Trastornos do Espectro do Autismo), que serán completados con actividades opcionais para a aula como dinámicas de grupo, role playing, debates, etc.

Elisa é unha adolescente do planeta Lionov, a anos luz do noso, que grazas aos seus poderes de telepatía e a un incrible invento chamado o Camiño da Aurora, é capaz de proxectar a súa mente e materializarse noutras parte da galaxia. Na súa procura por atopar axuda para liberar ao seu planeta da tiranía dos Sombras Grises, uns terribles gobernantes que dominan o seu planeta, atopa na Terra unha persoa con Síndrome de Asperger que lle axudará a salvar o seu mundo.

O proxecto, impulsado por a Fundación Orange, conta co deseño pedagóxico dos profesionais de Autismo Burgos e a realización técnica da empresa Gametopia Games.

Diferentes mozos con TEA colaboraron no deseño e revisión do videoxogo e o material didáctico que o acompaña. A fase piloto da formación realizouse no IES Pintor Luís Sáez, de Burgos, coa colaboración do departamento de orientación do centro e do alumnado de 1º e 2º de ESO, que achegaron as súas ideas e correccións.

A viaxe de Elisa é un dos proxectos seleccionados na Convocatoria de Solucións Tecnolóxicas para persoas con autismo de Fundación Orange en 2015.

Tema: Xeral
Fonte: discapnet
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Atención á cidadanía | Accesibilidade | Aviso Legal | Mapa do portal