
A Fundación Orange e Autismo Burgos presentaron A Viaxe de Elisa, un videoxogo que axuda a comprender mellor as características e necesidades das persoas con autismo, en especial con Síndrome de Asperger. A viaxe de Elisa está dispoñible gratuitamente na web e nunha aplicación para dispositivos Android e iOS.
Dirixido a alumnos da ESO, o xogo vén acompañado de material didáctico que servirá de apoio aos docentes que queiran realizar actividades en clase, ademais de información xeral para entender mellor a Síndrome de Asperger.
A través da historia de Elisa, os xogadores terán que superar diferentes probas para completar o xogo e grazas a estes desafíos irán adquirindo coñecementos sobre as persoas con TEA (Trastornos do Espectro do Autismo), que serán completados con actividades opcionais para a aula como dinámicas de grupo, role playing, debates, etc.
Elisa é unha adolescente do planeta Lionov, a anos luz do noso, que grazas aos seus poderes de telepatía e a un incrible invento chamado o Camiño da Aurora, é capaz de proxectar a súa mente e materializarse noutras parte da galaxia. Na súa procura por atopar axuda para liberar ao seu planeta da tiranía dos Sombras Grises, uns terribles gobernantes que dominan o seu planeta, atopa na Terra unha persoa con Síndrome de Asperger que lle axudará a salvar o seu mundo.
O proxecto, impulsado por a Fundación Orange, conta co deseño pedagóxico dos profesionais de Autismo Burgos e a realización técnica da empresa Gametopia Games.
Diferentes mozos con TEA colaboraron no deseño e revisión do videoxogo e o material didáctico que o acompaña. A fase piloto da formación realizouse no IES Pintor Luís Sáez, de Burgos, coa colaboración do departamento de orientación do centro e do alumnado de 1º e 2º de ESO, que achegaron as súas ideas e correccións.
A viaxe de Elisa é un dos proxectos seleccionados na Convocatoria de Solucións Tecnolóxicas para persoas con autismo de Fundación Orange en 2015.
Ligazóns:
[1] https://voluntariadodixital.xunta.gal/sites/default/files/images/novas/img_nova_6610.jpeg
[2] https://voluntariadodixital.xunta.gal/javascript:history.back()