Xunta de Galicia Voluntariado Dixital

Inicio > A Rede > Novas
Imaxe do percorrido

Realidad virtual para achegar o Nadal a rapaces hospitalizados

Versión para impresiónSend by email
California, 21/12/16 (10:56)
Honda utilizou a realidade virtual para conseguir que o Nadal chegue a todos. A compañía utilizou o casco Oculus Rift e a realidade virtual para levar a maxia do Nadal a nenos ingresados nun hospital no Condado de Orange (California).
 
A compañía automobilística deseñou unha aventura en realidade virtual para os nenos ingresados nun hospital de California que non poderán gozar das festas como o resto de habitantes da súa cidade. Un paseo en trineo a través dun percorrido cheo de luces e cores a través do cal os nenos poderán experimentar de maneira totalmente inmersiva a maxia do Nadal.

 

Candy Cane Lane, como se chamou o "experimento" funciona a través do casco de realidade virtual de Microsoft, Oculus Rift. Honda lanzou un vídeo no que poden verse as reaccións do pequenos pero tamén está dispoñible en YouTube o propio percorrido en 360 graos, que pode ver calquera usuario desde YouTube.

 

Tema: Xeral
Fonte: Innovaticias
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Atención á cidadanía | Accesibilidade | Aviso Legal | Mapa do portal