California,
21/12/16 (10:56)
Honda utilizou a realidade virtual para conseguir que o Nadal chegue a todos. A compañía utilizou o casco Oculus Rift e a realidade virtual para levar a maxia do Nadal a nenos ingresados nun hospital no Condado de Orange (California).
A compañía automobilística deseñou unha aventura en realidade virtual para os nenos ingresados nun hospital de California que non poderán gozar das festas como o resto de habitantes da súa cidade. Un paseo en trineo a través dun percorrido cheo de luces e cores a través do cal os nenos poderán experimentar de maneira totalmente inmersiva a maxia do Nadal.
Candy Cane Lane, como se chamou o "experimento" funciona a través do casco de realidade virtual de Microsoft, Oculus Rift. Honda lanzou un vídeo no que poden verse as reaccións do pequenos pero tamén está dispoñible en YouTube o propio percorrido en 360 graos, que pode ver calquera usuario desde YouTube.
Tema: Xeral
Fonte:
Innovaticias