Xunta de Galicia Voluntariado Dixital

Inicio > A Rede > Novas
Cartel das xornadas

A Guarda acolle un curso sobre novas tecnoloxías para mocidade emprendedora

Versión para impresiónSend by email
A Guarda, 10/08/16 (08:01)

A Asociación Érguete Baixo Miño vai iniciar o vindeiro 23 de agosto unha actividade formativa sobre as vantaxes e posibilidades das TIC á hora de iniciarmos un proxecto comercial e empresarial ou ben lanzarnos á busca de emprego. O curso Emprender a través das Novas Tecnoloxías desenvolverase até o 16 de setembro na Guarda abranguendo un total de 60 horas e incluíndo a achega dun certificado de participación.

Levarase a cabo en colaboración coa Consellería de Política Social - Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado- dentro do Programa Iniciativa Xove. Trátase dunha serie de obradoiros dirixidos a amosar á mocidade as potencialidades de uso das novas tecnoloxías ao mesmo tempo que se fomenta a idea de empregabilidade a través da Rede.

O curso está dirixido a mozos e mozas desempregados/as preferentemente de entre 16 a 35 anos. O horario será de 9:00 a 14:00 horas, os martes, xoves e venres. Os talleres serán de balde e levarase a cabo na Aula de Informática San Benito da Guarda.Segundo sinala a organización, é imprescindible realizar a inscrición a través do formulario que atoparemos na web www.erguete.org. Abordaranse, entre outros, os seguintes eidos temáticos: mercadotecnia dixital (que facer, como facelo, cando facelo, onde facelo), redes sociais (cal é a máis acaida, como se lles pode tirar o máximo partido) e aplicacións móbiles.

Tema: Xeral
Fonte: Código Cero
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Atención á cidadanía | Accesibilidade | Aviso Legal | Mapa do portal