
A Asociación Érguete Baixo Miño vai iniciar o vindeiro 23 de agosto unha actividade formativa sobre as vantaxes e posibilidades das TIC á hora de iniciarmos un proxecto comercial e empresarial ou ben lanzarnos á busca de emprego. O curso Emprender a través das Novas Tecnoloxías [3] desenvolverase até o 16 de setembro na Guarda abranguendo un total de 60 horas e incluíndo a achega dun certificado de participación.
Levarase a cabo en colaboración coa Consellería de Política Social - Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado- dentro do Programa Iniciativa Xove. Trátase dunha serie de obradoiros dirixidos a amosar á mocidade as potencialidades de uso das novas tecnoloxías ao mesmo tempo que se fomenta a idea de empregabilidade a través da Rede.
O curso está dirixido a mozos e mozas desempregados/as preferentemente de entre 16 a 35 anos. O horario será de 9:00 a 14:00 horas, os martes, xoves e venres. Os talleres serán de balde e levarase a cabo na Aula de Informática San Benito da Guarda [4].Segundo sinala a organización, é imprescindible realizar a inscrición a través do formulario que atoparemos na web www.erguete.org [5]. Abordaranse, entre outros, os seguintes eidos temáticos: mercadotecnia dixital (que facer, como facelo, cando facelo, onde facelo), redes sociais (cal é a máis acaida, como se lles pode tirar o máximo partido) e aplicacións móbiles.
Ligazóns:
[1] https://voluntariadodixital.xunta.gal/sites/default/files/images/novas/160810_30843.jpg
[2] https://voluntariadodixital.xunta.gal/javascript:history.back()
[3] http://www.infominho.com/index.php/id/103/objeto/30843/claves/Emprender-a-traves-das-novas-tecnoloxias:-Formacion-presencial-na-Guarda-para-a-xuventude-emprendedora
[4] http://www.sanbenito.es/Index.aspx
[5] http://www.erguete.org/