Xunta de Galicia Voluntariado Dixital

Inicio > A Rede > Novas
Pantalla de interfaz de control móbil-cerebro

Unha interfaz accesible permite controlar o móbil a partir da actividade cerebral

  • Unha interfaz que permite controlar o móbil a partir da actividade cerebral mediante un dispositivo de baixo custo que realiza unha electroencelografía ao usuario.
Versión para impresiónSend by email
Santiago, 11/05/16 (08:55)

É o proxecto que un estudante de doutoramento da Universidade Politécnica de Madrid (UPM), Miguel Páramo Castrillo, está a desenvolver como parte da súa tese. A proposta, que xa conta cun prototipo en fase beta para comprobar a súa validez técnica e realizar as primeiras probas con usuarios, gañou a primeira edición do Premio Uninnova, convocado pola Fundación ONCE co obxectivo de promover ideas que melloran as condicións de vida das persoas con discapacidade.

O sistema accesible no que traballa Páramo Castrillo componse dun dispositivo en forma de diadema deportiva que traduce, por agora, o parpadeo voluntario das persoas en comandos de control coa axuda dunha interfaz gráfica creada a medida. Aínda que existen variantes baseadas noutros estímulos, esta opción escolleuse por permitir interactividade e inmediatez, ademais de que pode implantarse con electroencefalógrafos de custo reducido.

Á hora de avaliar os proxectos presentados, o xurado de Uninnova tivo en conta criterios como o grao de innovación da idea, a viabilidade e sustentabilidade da proposta e o conxunto de beneficiados do mesmo. O primeiro premio que gañou Páramo Castrillo está dotado cunha bolsa para cursar o Máster en Tecnoloxías Accesibles da Universidade Internacional da Rioxa e a validación do proxecto con usuarios finais.

Ao recoller o seu premio, o día 28 de abril na Fundación ONCE, o doctorando da UPM manifestou, tras felicitar aos outros galardoados, que "os gañadores son a sociedade e todos os seus integrantes". As súas palabras de agradecemento finalizaron cunha reflexión: "A discapacidade maniféstase como tal cando non existen alternativas para salvar as diverxencias funcionais".

Tema: Xeral
Fonte: discapnet
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Atención á cidadanía | Accesibilidade | Aviso Legal | Mapa do portal