
É o proxecto que un estudante de doutoramento da Universidade Politécnica de Madrid (UPM), Miguel Páramo Castrillo, está a desenvolver como parte da súa tese. A proposta, que xa conta cun prototipo en fase beta para comprobar a súa validez técnica e realizar as primeiras probas con usuarios, gañou a primeira edición do Premio Uninnova, convocado pola Fundación ONCE co obxectivo de promover ideas que melloran as condicións de vida das persoas con discapacidade.
O sistema accesible no que traballa Páramo Castrillo componse dun dispositivo en forma de diadema deportiva que traduce, por agora, o parpadeo voluntario das persoas en comandos de control coa axuda dunha interfaz gráfica creada a medida. Aínda que existen variantes baseadas noutros estímulos, esta opción escolleuse por permitir interactividade e inmediatez, ademais de que pode implantarse con electroencefalógrafos de custo reducido.
Á hora de avaliar os proxectos presentados, o xurado de Uninnova tivo en conta criterios como o grao de innovación da idea, a viabilidade e sustentabilidade da proposta e o conxunto de beneficiados do mesmo. O primeiro premio que gañou Páramo Castrillo está dotado cunha bolsa para cursar o Máster en Tecnoloxías Accesibles da Universidade Internacional da Rioxa e a validación do proxecto con usuarios finais.
Ao recoller o seu premio, o día 28 de abril na Fundación ONCE, o doctorando da UPM manifestou, tras felicitar aos outros galardoados, que "os gañadores son a sociedade e todos os seus integrantes". As súas palabras de agradecemento finalizaron cunha reflexión: "A discapacidade maniféstase como tal cando non existen alternativas para salvar as diverxencias funcionais".
Ligazóns:
[1] https://voluntariadodixital.xunta.gal/sites/default/files/images/novas/pantalla_interfaz_control_movil_cerebro_2016.jpg
[2] https://voluntariadodixital.xunta.gal/javascript:history.back()