No século XVI, Jerónimo Cardano, médico de Padua, na Italia norteña, proclamou que as persoas xordas poderían facerse entender por combinacións escritas de símbolos asociándoos coas cousas a que eles se referían. Con todo, non existen referencias documentais sobre estas linguas antes do século XVII. Actualmente, as linguas de signos son linguas naturais de produción xestual e percepción visual que teñen estruturas gramaticais perfectamente definidas, e empréganas máis de 70 millóns de persoas.
Coa luva SignAloud, que podedes ver no vídeo, disporedes dun tradutor universal da linguaxe de signos: desenvolvido polos estudantes da Universidade de Washington, esta luva é un tradutor de linguaxe de signos a linguaxe falada. Aínda é un desenvolvemento experimental, e deberá adaptarse á linguaxe de signos de cada idioma, que é distinto, pero é un primeiro paso para mellorar a comunicación.
Rexístrate como: