
No século XVI, Jerónimo Cardano, médico de Padua, na Italia norteña, proclamou que as persoas xordas poderían facerse entender por combinacións escritas de símbolos asociándoos coas cousas a que eles se referían. Con todo, non existen referencias documentais sobre estas linguas antes do século XVII. Actualmente, as linguas de signos son linguas naturais de produción xestual e percepción visual que teñen estruturas gramaticais perfectamente definidas, e empréganas máis de 70 millóns de persoas.
Coa luva SignAloud, que podedes ver no vídeo [3], disporedes dun tradutor universal da linguaxe de signos: desenvolvido polos estudantes da Universidade de Washington, esta luva é un tradutor de linguaxe de signos a linguaxe falada. Aínda é un desenvolvemento experimental, e deberá adaptarse á linguaxe de signos de cada idioma, que é distinto, pero é un primeiro paso para mellorar a comunicación.
Ligazóns:
[1] https://voluntariadodixital.xunta.gal/sites/default/files/images/novas/singaloud.jpg
[2] https://voluntariadodixital.xunta.gal/javascript:history.back()
[3] https://youtu.be/l01sdzJHCCM