Xunta de Galicia Voluntariado Dixital

Inicio > A Rede > Novas
Inauguración do curso 'Violencia de Xénero nas Redes Sociais'

López Chaves participa en Vigo na inauguración do curso 'Violencia de Xénero nas Redes Sociais'

Versión para impresiónSend by email
Santiago, 20/04/16 (08:06)

O delegado territorial da Xunta en Vigo, Ignacio López-Chaves, participou esta mañá na inauguración do curso Violencia de Xénero nas Redes Sociais que se celebra dende hoxe e ata o xoves día 21 na cidade olívica. A Universidade de Nebrija, a asociación Ceavigal (Centro de Acción contra a Violencia de Galicia), SICO, SUP e SIPOL son as entidades colaboradoras encargadas da organización do mesmo.

No acto de inauguración, o delegado estivo acompañado polo reitor da Universidade de Nebrija, Juan Cayón, e o secretario xeral do SICO, Dámaso Pena.

Tema: Xeral
Fonte: Xunta
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Atención á cidadanía | Accesibilidade | Aviso Legal | Mapa do portal