
O delegado territorial da Xunta en Vigo, Ignacio López-Chaves, participou esta mañá na inauguración do curso Violencia de Xénero nas Redes Sociais que se celebra dende hoxe e ata o xoves día 21 na cidade olívica. A Universidade de Nebrija, a asociación Ceavigal (Centro de Acción contra a Violencia de Galicia), SICO, SUP e SIPOL son as entidades colaboradoras encargadas da organización do mesmo.
No acto de inauguración, o delegado estivo acompañado polo reitor da Universidade de Nebrija, Juan Cayón, e o secretario xeral do SICO, Dámaso Pena.
Ligazóns:
[1] https://voluntariadodixital.xunta.gal/sites/default/files/images/novas/vxnrs_0.jpg
[2] https://voluntariadodixital.xunta.gal/javascript:history.back()