Xunta de Galicia Voluntariado Dixital

Inicio > A Rede > Novas
Firma do convenio de colaboración para o proxecto "Me-@dministro"

A Federación Nacional ASPAYM e a Fundación Vodafone España firmaron un convenio de colaboración para o desenvolvemento do proxecto “Me-@dministro”

Versión para impresiónSend by email
Santiago, 11/04/16 (08:39)

A Federación Nacional ASPAYM e a Fundación Vodafone España promoverán o uso de servizos telemáticos da Administración e a tecnoloxía de apoio.

  • Realizaranse cursos de capacitación entre iguais con persoas con discapacidade, facilitando o acceso e a comprensión dos servizos telemáticos, e o manexo da tecnoloxía de apoio.
  • A formación estará apoiada coa creación de dúas guías didácticas e prácticas dirixidas aos usuarios e á propia Administración.

Miguel Ángel García Oca, vicepresidente da Federación Nacional ASPAYM e Santiago Moreno Fernández, director xeral da Fundación Vodafone España, asinaron esta mañá un convenio de colaboración no Hospital Nacional de Parapléxicos de Toledo, para a posta en marcha do proxecto de formación "Me-@dministro" dirixido á promoción da autonomía persoal a través da inserción laboral mediante o apoio e a formación en novas tecnoloxías. Ademais, o acto contou coa asistencia de Blanca Parra, Directora-Xerente do Hospital Nacional de Parapléxicos e Jose Ramón del Pino Gómez, vicepresidente 1º da Federación Nacional ASPAYM.

O proxecto "Me-@dministro2 desenvolverase contando coa colaboración das entidades e asociados de ASPAYM así como outras que poidan estar interesadas, co obxectivo de favorecer o acceso e uso dos servizos telemáticos que ofrecen as administracións públicas a nivel estatal, autonómico e local, promover o acceso a estes servizos a través do certificado dixital e DNI electrónico, e utilizar as tecnoloxías de apoio existentes nos distintos dispositivos.

Igualmente, "Me-@dministro" pretende establecer lazos coa e-Administración a través da colaboración, o asesoramento e a participación nos cursos e guías que se editen, para garantir a accesibilidade e promoción deste tipo de servizos para todos.

A realización deste proxecto supón a participación e contratación de dúas persoas con discapacidade para a xestión das iniciativas descritas.

Tema: Xeral
Fonte: Fundación Vodafone España
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Atención á cidadanía | Accesibilidade | Aviso Legal | Mapa do portal