
A Federación Nacional ASPAYM e a Fundación Vodafone España promoverán o uso de servizos telemáticos da Administración e a tecnoloxía de apoio.
Miguel Ángel García Oca, vicepresidente da Federación Nacional ASPAYM e Santiago Moreno Fernández, director xeral da Fundación Vodafone España, asinaron esta mañá un convenio de colaboración no Hospital Nacional de Parapléxicos de Toledo, para a posta en marcha do proxecto de formación "Me-@dministro" dirixido á promoción da autonomía persoal a través da inserción laboral mediante o apoio e a formación en novas tecnoloxías. Ademais, o acto contou coa asistencia de Blanca Parra, Directora-Xerente do Hospital Nacional de Parapléxicos e Jose Ramón del Pino Gómez, vicepresidente 1º da Federación Nacional ASPAYM.
O proxecto "Me-@dministro2 desenvolverase contando coa colaboración das entidades e asociados de ASPAYM así como outras que poidan estar interesadas, co obxectivo de favorecer o acceso e uso dos servizos telemáticos que ofrecen as administracións públicas a nivel estatal, autonómico e local, promover o acceso a estes servizos a través do certificado dixital e DNI electrónico, e utilizar as tecnoloxías de apoio existentes nos distintos dispositivos.
Igualmente, "Me-@dministro" pretende establecer lazos coa e-Administración a través da colaboración, o asesoramento e a participación nos cursos e guías que se editen, para garantir a accesibilidade e promoción deste tipo de servizos para todos.
A realización deste proxecto supón a participación e contratación de dúas persoas con discapacidade para a xestión das iniciativas descritas.
Ligazóns:
[1] https://voluntariadodixital.xunta.gal/sites/default/files/images/novas/firma_me-dministro_fve_2.jpg
[2] https://voluntariadodixital.xunta.gal/javascript:history.back()