Xunta de Galicia Voluntariado Dixital

Inicio > A Rede > Novas
Logo Fundación CNSE

A Fundación Vodafone España renova a súa colaboración coa Fundación CNSE para achegar as TICs ás persoas xordas

  • O convenio de colaboración porá en marcha o proxecto "Innovación en Connecting for Good para persoas xordas", dirixido a achegar a este colectivo o uso das TICs e fomentar o seu acceso á información e a comunicación
Versión para impresiónSend by email
Santiago, 31/03/16 (09:06)

Con este acordo, poranse en marcha distintas iniciativas entre as que destaca a creación dunha app que a través da lingua de signos, favoreza a comprensión por parte das persoas xordas, de textos escritos.

Así mesmo, a Fundación Vodafone España seguirá contribuíndo á cobertura do servizo de videointerpretación SVIsual as 24 horas dos fins de semana, polo que os seus usuarios poderán contactar telefonicamente con quen o desexen e realizar xestións de forma autónoma tamén os sábados e domingos. Durante 2015 este servizo rexistrou máis de 7.500 chamadas na fin de semana, o que deixa patente a necesidade de reforzar esta franxa horaria. A iso, súmase a intención de implantar SVIsual en distintos escenarios, por exemplo, en contornas comerciais.

Outras das accións que se contempla no acordo, son a incorporación de intérpretes presenciais de lingua de signos española da Fundación CNSE nos actos e eventos organizados por Fundación Vodafone España e a mellora da accesibilidade da súa web a través da tradución a esta lingua de contidos e noticias de interese para as persoas xordas.

Tema: Xeral
Fonte: Fundación Vodafone España
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Atención á cidadanía | Accesibilidade | Aviso Legal | Mapa do portal