O galardón concédese ao 'mellor proxecto de compromiso social e ambiental' para recoñecer os méritos e esforzos realizados polas entidades, persoas e institucións no campo das tecnoloxías da información e a comunicación.
'Soy Cappaz', que en cinco meses foi descargada por máis de 1.300 persoas, é unha aplicación gratuíta que nace como ferramenta de apoio para que as persoas con discapacidade intelectual poidan desenvolver a súa vida da forma máis independente posible.
A aplicación, desenvolvida por ámbalas fundacións, conta con catro funcionalidades, entre as que se atopa 'O meu Calendario', que reflicte as tarefas da vida cotiá e da contorna laboral do interesado, e 'Onde Estou'', que contribúe a que estas persoas realicen desprazamentos con maior autonomía e seguridade.
Ademais, a app permite acceder a vídeos demostrativos para saber como se poden realizar distintas tarefas, así como chamar por teléfono ás persoas da súa contorna cando necesitan axuda ou se atopan en situación de emerxencia.
Rexístrate como: