Xunta de Galicia Voluntariado Dixital

Inicio > A Rede > Novas
Pantallazo de SpeedStar

Decide co teu voto cal será o próximo xogo accesible de aMiAlcance Games

  • Despois do lanzamiento do xogo SpeedStar, aMiAlcance Games medra con novos xogos accesibles para todos. O próximo venres ábrense as votacións para escoller o seguinte xogo a desenvolver.
Versión para impresiónSend by email
Santiago, 25/01/16 (11:37)

A iniciativa aMiAlcance Games está promovida por a Fundación Vodafone España con #ASPACEnet. Consiste nunha serie de aplicacións gratuítas soportadas pola plataforma aMiAlcance, desenvolvida pola Fundación Vodafone España. Grazas a esta plataforma, os usuarios poden facer uso das aplicacións de Android de forma adaptada ás súas necesidades de accesibilidade física e cognitiva mediante calquera tipo de método de acceso, tales como pulsadores ou joysticks.

Actualmente, SpeedStar é un dos xogos accesibles grazas a aMiAlcance Games. Vanse a desenvolver novos xogos e para iso abriuse un período de choivas de ideas no que se expuxeron 16 propostas. De todas estas, técnicos de Fundación Vodafone España e Confederación ASPACE farán unha preselección dun máximo de cinco ideas, que se someterán a votación popular entre os seguidores de Facebook ASPACEnet para escoller, finalmente, a proposta gañadora.

As votacións abriranse o vindeiro venres 29 de xaneiro e poderase participar até o 15 de febreiro. A proposta con máis "Me gusta" será a escollida.

Toda a información de #ASPACEnet en http://aspacenet.aspace.org e www.facebook.com/aspacenet

Tema: Xeral
Fonte: Fundación Vodafone España
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Atención á cidadanía | Accesibilidade | Aviso Legal | Mapa do portal