
A iniciativa aMiAlcance Games está promovida por a Fundación Vodafone España con #ASPACEnet. Consiste nunha serie de aplicacións gratuítas soportadas pola plataforma aMiAlcance, desenvolvida pola Fundación Vodafone España. Grazas a esta plataforma, os usuarios poden facer uso das aplicacións de Android de forma adaptada ás súas necesidades de accesibilidade física e cognitiva mediante calquera tipo de método de acceso, tales como pulsadores ou joysticks.
Actualmente, SpeedStar [3]é un dos xogos accesibles grazas a aMiAlcance Games. Vanse a desenvolver novos xogos e para iso abriuse un período de choivas de ideas no que se expuxeron 16 propostas. De todas estas, técnicos de Fundación Vodafone España e Confederación ASPACE farán unha preselección dun máximo de cinco ideas, que se someterán a votación popular entre os seguidores de Facebook ASPACEnet para escoller, finalmente, a proposta gañadora.
As votacións abriranse o vindeiro venres 29 de xaneiro e poderase participar até o 15 de febreiro. A proposta con máis "Me gusta" será a escollida.
Toda a información de #ASPACEnet en http://aspacenet.aspace.org [4] e www.facebook.com/aspacenet [5]
Ligazóns:
[1] https://voluntariadodixital.xunta.gal/sites/default/files/images/novas/speedstar.jpg
[2] https://voluntariadodixital.xunta.gal/javascript:history.back()
[3] http://www.fundacionvodafone.es/app/speedstar#
[4] http://aspacenet.aspace.org
[5] http://www.facebook.com/aspacenet