Xunta de Galicia Voluntariado Dixital

Inicio > A Rede > Novas
Infografía Think Big

Cuarta convocatoria Programa Think Big: máis de 700 ideas de innovación social

  • 310 mozos entre 15 e 26 anos de moi diversas partes da xeografía española presentaron ideas que buscan mellorar a súa contorna e a súa comunidade
Versión para impresiónSend by email
Santiago de Compostela, 15/01/16 (09:56)

A Fundación Telefónica pecha a 4ª convocatoria do seu Programa Think Big, no que animaba a mozos  de toda España, de entre 15 e 26 anos, a que enviasen ideas e proxectos orientados a mellorar as problemáticas concretas da súa contorna. O premio da devandita convocatoria: aprender a facelas realidade e que terminen sendo un proxecto de éxito que lles beneficie a eles e a toda a comunidade.

Entre as máis de 700 ideas presentadas de ámbitos tan dispares como o medioambiente, a tecnoloxía, a arte e cultura, a educación..., Fundación Telefónica seleccionou como finalistas a 310 mozos de todas as comunidades autónomas. A partir de agora, e grazas a este programa que ten unha duración mínima de seis meses, contarán con formación específica en innovación, creatividade e emprendemento. Ao longo de todo o proceso, 290 profesionais de Telefónica con ampla experiencia actuarán como mentores persoais e, axudaranlles a desenvolver a súa idea e darlle forma para que consiga ver a luz.

O programa tamén conta con dotación económica, e nunha primeira fase os mozos recibirán 200? para comezar a poñer en marcha a súa idea, aos que se sumarán outros 200? cando completen a terceira fase do proxecto. Aqueles que queiran continuar con el poderán presentarse a unha última fase, máis dixital e social, para a que dispoñerán dun financiamento de ata 3.000€ e unha formación valorada noutros 3.000€, que lles permitirá consolidar a súa idea e facer o seu proxecto aínda máis grande.

Un dron para optimizar os cultivos, un implante para controlar o estado do sistema nervioso, unha plataforma para integrar nenos e maiores como método de aprendizaxe, unha máquina que le pegadas para reducir o consumo de alcol e tabaco en menores... son algunhas das innovadoras ideas.

 

Tema: Xeral
Fonte: Diario Responsable
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Atención á cidadanía | Accesibilidade | Aviso Legal | Mapa do portal