Xunta de Galicia Voluntariado Dixital

Inicio > A Rede > Novas
Portada da guía

Publicada unha guía de recursos sobre tecnoloxías educativas accesibles

  • Dispoñible en formato dixital, a guía recolle iniciativas tecnolóxicas dirixidas ao alumnado con discapacidade, para mellorar a calidade do ensino e a atención á diversidade.
Versión para impresiónSend by email
Santiago, 10/12/15 (08:20)

O Ministerio de Educación, Cultura e Deportes e o Comité Español de Representantes de Persoas con Discapacidade (CERMI) elaboraron e publicaron unha guía de recursos sobre tecnoloxías educativas accesibles para alumnado con discapacidade.

Dispoñible en formato dixital, a guía recolle iniciativas tecnolóxicas dirixidas ao alumnado con discapacidade, co fin de que a comunidade educativa tome conciencia das mesmas e se estenda o seu emprego e uso progresivo, mellorando a calidade do ensino e a atención á diversidade.

Trátase dunha contribución eminentemente práctica, que pretende identificar e destacar as propostas innovadoras. Por iso, a guía estrutúrase en tres apartados. En primeiro termo, unha breve reflexión sobre os conceptos de Educación Inclusiva, Deseño Universal de Aprendizaxe e Accesibilidade ás Tecnoloxías da Información e a Comunicación.

En segundo lugar, unha recompilación de recursos tecnolóxicos para a aprendizaxe onde a accesibilidade é a protagonista. A tal fin, sinálanse as pautas para a creación de recursos educativos dixitais accesibles e as ferramentas necesarias para a súa creación.

E finalmente, unha selección recursos de apoio específicos para as persoas con discapacidade baseados no TIC para a contorna educativa, clasificados por perfís.

Tema: Xeral
Fonte: discapnet
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Atención á cidadanía | Accesibilidade | Aviso Legal | Mapa do portal