
O Ministerio de Educación, Cultura e Deportes e o Comité Español de Representantes de Persoas con Discapacidade (CERMI) elaboraron e publicaron unha guía de recursos sobre tecnoloxías educativas accesibles para alumnado con discapacidade.
Dispoñible en formato dixital, a guía recolle iniciativas tecnolóxicas dirixidas ao alumnado con discapacidade, co fin de que a comunidade educativa tome conciencia das mesmas e se estenda o seu emprego e uso progresivo, mellorando a calidade do ensino e a atención á diversidade.
Trátase dunha contribución eminentemente práctica, que pretende identificar e destacar as propostas innovadoras. Por iso, a guía estrutúrase en tres apartados. En primeiro termo, unha breve reflexión sobre os conceptos de Educación Inclusiva, Deseño Universal de Aprendizaxe e Accesibilidade ás Tecnoloxías da Información e a Comunicación.
En segundo lugar, unha recompilación de recursos tecnolóxicos para a aprendizaxe onde a accesibilidade é a protagonista. A tal fin, sinálanse as pautas para a creación de recursos educativos dixitais accesibles e as ferramentas necesarias para a súa creación.
E finalmente, unha selección recursos de apoio específicos para as persoas con discapacidade baseados no TIC para a contorna educativa, clasificados por perfís.
Ligazóns:
[1] https://voluntariadodixital.xunta.gal/sites/default/files/images/novas/guiamultimedcermi.jpg
[2] https://voluntariadodixital.xunta.gal/javascript:history.back()