Xunta de Galicia Voluntariado Dixital

Inicio > A Rede > Novas
Logo CODIX

Nova convocatoria dun curso de preparación por teleformación para a obtención do CODIX

Versión para impresiónSend by email
Santiago, 28/07/15 (09:17)

O próximo 1 de setembro o Diario Oficial de Galicia publicará a resolución pola que se convoca unha nova edición do curso preparatorio para a obtención da certificación galega de competencias dixitais en ofimática (CODIX), curso que poderá ser seguido baixo a modalidade de teleformación.

Dende o día seguinte a súa publicación  as persoas interesadas na realización deste curso poderán formalizar a súa preinscrición dende a web da rede CeMIT (http://cemit.xunta.es), tendo como único requisito de participación o de ser maiores de 16 anos e estar dados de alta como usuarios da rede CeMIT. Como en edicións anteriores, son 180 as prazas convocadas e seleccionadas por rigorosa orde de inscrición.

O curso, de 12 semanas de duración, está previsto que comece a finais de setembro-primeiros de outubro, e a proba final presencial que é necesario superar para a obtención do CODIX realizarase con toda probabilidade na primeira quincena de xaneiro, unha vez rematada a actividade formativa.

 

Próxima convocatoria de exames presenciais

Esta convocatoria forma parte do Plan de Formación da rede CeMIT para este ano 2015, que terá o seu remate cunha nova convocatoria de exames presenciais libres no mes de outubro para aqueles cidadáns que xa posúan os coñecementos necesarios ou que opten pola modalidade autoformativa, ata chegar a un total de preto de 1.100 prazas dispoñibles no ano 2015 para que a cidadanía poida acreditar as capacidades, destrezas e coñecementos en ofimática definidos no dito plan.

Tema: Xeral
Fonte: Xunta
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Atención á cidadanía | Accesibilidade | Aviso Legal | Mapa do portal