
O próximo 1 de setembro o Diario Oficial de Galicia publicará a resolución pola que se convoca unha nova edición do curso preparatorio para a obtención da certificación galega de competencias dixitais en ofimática (CODIX), curso que poderá ser seguido baixo a modalidade de teleformación.
Dende o día seguinte a súa publicación as persoas interesadas na realización deste curso poderán formalizar a súa preinscrición dende a web da rede CeMIT (http://cemit.xunta.es [3]), tendo como único requisito de participación o de ser maiores de 16 anos e estar dados de alta como usuarios da rede CeMIT. Como en edicións anteriores, son 180 as prazas convocadas e seleccionadas por rigorosa orde de inscrición.
O curso, de 12 semanas de duración, está previsto que comece a finais de setembro-primeiros de outubro, e a proba final presencial que é necesario superar para a obtención do CODIX realizarase con toda probabilidade na primeira quincena de xaneiro, unha vez rematada a actividade formativa.
Próxima convocatoria de exames presenciais
Esta convocatoria forma parte do Plan de Formación da rede CeMIT para este ano 2015, que terá o seu remate cunha nova convocatoria de exames presenciais libres no mes de outubro para aqueles cidadáns que xa posúan os coñecementos necesarios ou que opten pola modalidade autoformativa, ata chegar a un total de preto de 1.100 prazas dispoñibles no ano 2015 para que a cidadanía poida acreditar as capacidades, destrezas e coñecementos en ofimática definidos no dito plan.
Ligazóns:
[1] https://voluntariadodixital.xunta.gal/sites/default/files/images/novas/LogoCodix_0.jpg
[2] https://voluntariadodixital.xunta.gal/javascript:history.back()
[3] http://cemit.xunta.es