Xunta de Galicia Voluntariado Dixital

Inicio > A Rede > Novas
"Partner robot" de Toyota asistindo a una persoa na cama

O robot de compañía de Toyota ponse ao día

Versión para impresiónSend by email
Santiago, 28/07/15 (08:21)

Como non ía ser doutra forma nunha compañía gorda xaponesa, Toyota tamén ten unha división encargada de desenvolver robots. Hoxe topámonos coa segunda xeración do Toyota HSR - Human Support Robot -, que ten como principal cometido o de axudar a persoas con mobilidade reducida.

Acaba de ser presentado no Yokohama Human & Techno Land, unha feira orientada a produtos médicos e de saúde, con moitas melloras significativas con respecto ao anterior HSR. O robot responde a comandos de voz que se realizan nunha tablet, que de forma remota contrólao.

Onde HSR anda máis espabilado é á hora de coller cousas, movelas ou traelas ao usuario, que se pode pode atopar na cama, con mobilidade reducida.

O seu brazo robótico ten unhas 'garras' de dous dedos que lle permite recoller desde o chan, encima dunha mesa, ou accionar algún tipo de mecanismo, como poden ser unhas cortinas. A man conta coa súa propia cámara para o recoñecemento próximo dos obxectos.

A principal mellora no novo modelo está no rango de obxectos que pode manipular, desde unha cousa tan pequena como un lapis, até unha botella. Se o que necesitamos é que nos recolla un papel, ten a opción de utilizar un elemento que succiona.

Os seus creadores denomínano 'partner robot', ou robot de compañía, e é o segundo modelo desde que mostraron o anterior prototipo en 2012. A realidade é que as formas xerais e filosofía non cambiaron demasiado neste tres anos, pero melloráronse as posibilidades, e sobre todo, o prezo que custa crealo, que se viu reducido á metade.

O robot non é precisamente pequeno, así que necesitará o seu espazo para traballar. Ten unha altura de 1,35 metros na súa posición estendida, un diámetro de 43 centímetros, e un peso de 37 quilos. O máximo peso que é capaz de levantar é de 1,2 quilogramos.

A base permítelle realizar un movemento omnidireccional desde parado. O robot non é ningún atleta, desprázase como moito a 0,8 quilómetros por hora, pero para evitar maiores problemas, pódense establecer uns límites de actuación mediante unhas bandas magnéticas que se colocan no chan.

Tema: Xeral
Fonte: Xataka
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Atención á cidadanía | Accesibilidade | Aviso Legal | Mapa do portal