Xunta de Galicia Voluntariado Dixital

Inicio > A Rede > Novas
Iñaki Quenerapú

A importancia da marca e o nome comercial centrará hoxe unha charla no CNTG

Versión para impresiónSend by email
Santiago, 09/04/15 (08:43)

O Centro de Novas Tecnoloxías en Santiago de Compostela acollerá hoxe ás 19:00 horas unha nova edición de Iniciador Santiago de Compostela, unha serie de relatorios dirixidos a dinamizar o emprendemento, que tras as charlas de Roberto Pérez Marijuán en decembro e Santiago Moroño en febreiro, continuando agora con Iñaki Quenerapú, a quen en xaneiro puidemos ver no TEDxGalicia falando do crowdsourcing que facilita a Internet (como un exemplo da teoría de Tribos de Seth Godin), e que desta volta vai dar conta da importancia da elección dun nome comercial e unha marca.

Iñaki Quenerapú leva tempo traballando na comunicación a través da Internet, e co seu relatorio aplicará a súa experiencia para dar conta do peso que o nome comercial e a marca dun proxecto emprendedor de cara a facilitar a súa identificación e diferenciación, á vez que tamén deben adoptarse con intelixencia e personalidade os códigos de comunicación que son referencia no sector.

Os interesados en asistir a este encontro poden inscribirse a través da páxina web da Fundación Iniciador.

Tema: Xeral
Fonte: Código Cero
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Atención á cidadanía | Accesibilidade | Aviso Legal | Mapa do portal