
O Centro de Novas Tecnoloxías en Santiago de Compostela acollerá hoxe ás 19:00 horas unha nova edición de Iniciador Santiago de Compostela, unha serie de relatorios dirixidos a dinamizar o emprendemento, que tras as charlas de Roberto Pérez Marijuán en decembro e Santiago Moroño en febreiro, continuando agora con Iñaki Quenerapú, a quen en xaneiro puidemos ver no TEDxGalicia falando do crowdsourcing que facilita a Internet (como un exemplo da teoría de Tribos de Seth Godin), e que desta volta vai dar conta da importancia da elección dun nome comercial e unha marca.
Iñaki Quenerapú leva tempo traballando na comunicación a través da Internet, e co seu relatorio aplicará a súa experiencia para dar conta do peso que o nome comercial e a marca dun proxecto emprendedor de cara a facilitar a súa identificación e diferenciación, á vez que tamén deben adoptarse con intelixencia e personalidade os códigos de comunicación que son referencia no sector.
Os interesados en asistir a este encontro poden inscribirse a través da páxina web da Fundación Iniciador [3].
Ligazóns:
[1] https://voluntariadodixital.xunta.gal/sites/default/files/images/novas/quenerapuTEDxgalicia.jpg
[2] https://voluntariadodixital.xunta.gal/javascript:history.back()
[3] http://www.iniciador.com/es/eventos-santiago-de-compostela/elige-bien-tu-nombre-comercial-y-marca-