A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), en colaboración con Fundetec, presenta o vindeiro martes 24 de marzo o proxecto “CeMIT-Innova: Fomento da innovación social dixital”, nunha xornada que terá lugar a partir das 9:30 horas da mañá, no auditorio da Biblioteca da Cidade da Cultura.
O encontro CeMIT-Innova,está dirixido a explicar en que consiste este marco conceptual da innovación aos formadores e usuarios das aulas da rede CeMIT, voluntarios dixitais, entidades e organizacións locais, de acción social, empresas e persoas ou organizacións interesadas na innovación social dixital.
Encontro CeMIT-Innova: Unha xornada para a innovación social dixital
A primeira parte da xornada, baixo o título ‘As aulas CeMIT, novos espazos para a innovación Social Dixital’, dedicarase á reflexión sobre o que significa a innovación Social Dixital e como levala a cabo.
Disertarán sobre este marco conceptual, Concepción Galdón, directora xeral de Pontes Global e Coordinadora de ‘Área 31’, espazo de innovación e emprendemento de IE Business School; e Ana Álvarez, consultora especialista en cambio e dinamización de espazos.
O segundo bloque do evento será o de exposición de casos de éxito, e presentaranse as experiencias ‘Fraguando a Diversidade’, proxecto do IES Antonio Fraguas (Santiago de Compostela) no campo audiovisual; ‘Emprega Oroso’, portal de emprego impulsado polo centro CeMIT e o concello e Oroso; e os traballos de ‘Espazo Arroelo’, espazo de coworking en Pontevedra.
O último bloque da xornada estará destinado á realización de talleres nos que, a través de dinámicas de grupo e utilizando técnicas de creatividade e ‘design thinking’, preténdese traballar na identificación de desafíos locais a resolver desde o enfoque da Innovación Social Digital.
VER PROGRAMA DA XORNADA
A inscrición poderá realizala antes do día 23 de marzo, a través do seguinte link FORMALICE AQUÍ A SÚA INSCRICIÓN e poderá seguirse co hashtag #cemitinnova a través de twitter.
Rexístrate como: