Xunta de Galicia Voluntariado Dixital

Inicio > A Rede > Novas
App "Día a Día"

Dispoñible tamén para Android "Día a Día", un diario visual para persoas con autismo

Versión para impresiónSend by email
Santiago, 17/12/14 (09:57)

Día a día, o diario visual pensado especialmente para persoas con autismo ou dificultades de comunicación, xa está dispoñible para os tablets e teléfonos con sistema operativo Android.

Desenvolvida pola Fundación Orange e BJ Adaptacións, a aplicación permite traballar de forma doada e intuitiva, dando moita relevancia aos elementos visuais e ofrecendo distintas opcións de personalización.

Descarga gratuíta para Android

Exemplo de actividade en Día a díaDía a día consta dun sinxelo calendario no que é posible:

  • Gardar e revisar as actividades realizadas durante un día, dunha forma visual e estruturada, engadindo imaxes, fotos, vídeos...
  • Anticipar actividades ou eventos recorrentes no tempo que xa foron realizados e que se anotaron no diario.
  • Fomentar a comunicación, a través das actividades realizadas.

Día a día engade, ademais, tras os comentarios dos usuarios, a nova funcionalidade de Compartir, coa que, a través de correo electrónico, se poden compartir cada unha das tarefas ou actividades de Día a Día. Esta función estará tamén dispoñible para o sistema operativo iOS.

Tema: Xeral
Fonte: Fundación Orange
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Atención á cidadanía | Accesibilidade | Aviso Legal | Mapa do portal