
Día a día [3], o diario visual pensado especialmente para persoas con autismo ou dificultades de comunicación, xa está dispoñible para os tablets e teléfonos con sistema operativo Android.
Desenvolvida pola Fundación Orange e BJ Adaptacións, a aplicación permite traballar de forma doada e intuitiva, dando moita relevancia aos elementos visuais e ofrecendo distintas opcións de personalización.
Descarga gratuíta para Android [4]
Exemplo de actividade en Día a díaDía a día consta dun sinxelo calendario no que é posible:
Día a día engade, ademais, tras os comentarios dos usuarios, a nova funcionalidade de Compartir, coa que, a través de correo electrónico, se poden compartir cada unha das tarefas ou actividades de Día a Día. Esta función estará tamén dispoñible para o sistema operativo iOS.
Ligazóns:
[1] https://voluntariadodixital.xunta.gal/sites/default/files/images/novas/logo_diaadia.jpg
[2] https://voluntariadodixital.xunta.gal/javascript:history.back()
[3] http://fundacionorange.es/diaadia.html
[4] https://play.google.com/store/apps/details?id=com.orange.diaadia