Xunta de Galicia Voluntariado Dixital

Inicio > A Rede > Novas
Fundación Obra San Martín

Escala San Martín: Avaliación da Calidade de Vida de Persoas con Discapacidades Significativas

Versión para impresiónSend by email
Santiago, 08/09/14 (10:41)

A Escala San Martín é o primeiro instrumento no ámbito internacional que avalía a calidade de vida de persoas adultas con discapacidades significativas (i.e., persoas con discapacidade intelectual que requiren apoios extensos e xeneralizados, con outras posibles condicións asociadas). Permite identificar o perfil de calidade de vida con evidencias de validez e fiabilidade para a posta en marcha de prácticas baseadas na evidencia e o deseño de plans individuais de apoio. Por tanto, a Escala San Martín permite aos profesionais e ás organizacións ir máis aló das opinións para centrarse en datos que reflicten os resultados persoais de acódelas usuarias dos seus centros e servizos.


A Escala San Martín debe ser cumprimentada por un informador que coñeza suficientemente á persoa e teña a oportunidade de observala en distintos contextos. O instrumento consta de 95 ítems organizados ao redor das oito dimensións de Calidade de Vida que recollen aspectos observables e obxectivos. 

Tema: Xeral
Fonte: Fundación Obra San Martín
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Atención á cidadanía | Accesibilidade | Aviso Legal | Mapa do portal