
A Escala San Martín é o primeiro instrumento no ámbito internacional que avalía a calidade de vida de persoas adultas con discapacidades significativas (i.e., persoas con discapacidade intelectual que requiren apoios extensos e xeneralizados, con outras posibles condicións asociadas). Permite identificar o perfil de calidade de vida con evidencias de validez e fiabilidade para a posta en marcha de prácticas baseadas na evidencia e o deseño de plans individuais de apoio. Por tanto, a Escala San Martín permite aos profesionais e ás organizacións ir máis aló das opinións para centrarse en datos que reflicten os resultados persoais de acódelas usuarias dos seus centros e servizos.
A Escala San Martín debe ser cumprimentada por un informador que coñeza suficientemente á persoa e teña a oportunidade de observala en distintos contextos. O instrumento consta de 95 ítems organizados ao redor das oito dimensións de Calidade de Vida que recollen aspectos observables e obxectivos.
Ligazóns:
[1] https://voluntariadodixital.xunta.gal/sites/default/files/images/novas/funda-obra-san-martin-640x640x80.jpg
[2] https://voluntariadodixital.xunta.gal/javascript:history.back()