Xunta de Galicia Voluntariado Dixital

Inicio > A Rede > Novas
Running

iWOOPI, unha nova rede social para causas solidarias

Versión para impresiónSend by email
Santiago, 29/07/14 (09:23)

O sistema da rede social pon en contacto aos usuarios con causas e proxectos sociais aos que axudar cos seus "quilómetros" que se converten en diñeiro" grazas á colaboración de empresas. Esta colaboración empresarial supón un marco no que as compañías poden desenvolver a súa acción de RSC e xerar "engagement" e "confianza" entre os seus clientes, segundo indicaron os fundadores do proxecto, Emma Roca e Iván Lorca, quen ademais o dirixe.

Ademais, explicaron que a intención da rede social deportiva é "valorizar o esforzo das persoas" e "inspirar" á xente para "poñerse a correr e conseguir un mundo máis san".

Unha semana despois do seu lanzamento, a plataforma (www.iwoopi.org) conta con máis de 500 usuarios, nove causas e proxectos solidarios inscritos e máis de 86.500 quilómetros doados. A consultora Loop explicou que o proxecto forma parte das empresas 'start-up' que forman parte da súa rede de aceleración, 'Ignition'.

A rede "é unha forma de captar talento, start up's e novas oportunidades; co acordo do emprendedor, e poñer á súa disposición oportunidades para investir, aceleralas ou co-desenvolvelas", segundo indicou o presidente da consultora, Antonio Flores.

Tema: Xeral
Fonte: Innovaticias
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Atención á cidadanía | Accesibilidade | Aviso Legal | Mapa do portal